Lorca 90
Noventa anos despois do asasinato de Federico García Lorca, a Asociación publica en edición dixital a súa obra literaria completa.
1936–2026 · Memoria viva

Por que Lorca, desde Galicia
Lorca escribiu seis poemas en galego. Son poucos, pero abondan para que a súa obra pertenza tamén a esta lingua: publicounos a Editorial Nós en Santiago de Compostela en 1935, e desde entón forman parte da literatura galega. Este proxecto parte de aí.
A edición
Federico García Lorca · Obra literaria completa é a primeira gran edición da Biblioteca Dixital Mestre Mateo. Ordénase en sete volumes:
- I. Poesía, 1918–1928 — Libro de poemas, Suites, Poema del cante jondo, Primeras canciones, Canciones e Romancero gitano.
- II. Poesía, 1929–1936 — Poeta en Nueva York, Tierra y luna, Diván del Tamarit, Llanto por Ignacio Sánchez Mejías, Seis poemas galegos, os sonetos, as odas e os poemas soltos.
- III–V. Teatro — teatro de mocidade, farsas, teatro «imposible», traxedias e obra inconclusa.
- VI. Prosa.
- VII. Conferencias, alocucións e homenaxes.
A publicación comeza polo volume VII. A correspondencia quedará para unha serie propia.
Cronoloxía
- 1898Nace en Fuente Vaqueros (Granada), o 5 de xuño.
- 1918Publica o seu primeiro libro, Impresiones y paisajes.
- 1919Instálase na Residencia de Estudiantes de Madrid.
- 1921Libro de poemas.
- 1927Canciones. Estrea de Mariana Pineda en Barcelona e exposición de debuxos nas Galeries Dalmau.
- 1928Romancero gitano.
- 1929Viaxe a Nova York e, en 1930, a Cuba.
- 1931Poema del cante jondo.
- 1932Funda o teatro universitario La Barraca e visita Galicia por primeira vez.
- 1933Estrea de Bodas de sangre. Viaxe a Buenos Aires.
- 1934Estrea de Yerma.
- 1935Llanto por Ignacio Sánchez Mejías. A Editorial Nós publica en Santiago os Seis poemas galegos.
- 1936Remata La casa de Bernarda Alba. É asasinado en agosto, entre Víznar e Alfacar.
Xunto aos textos, o proxecto reúne un álbum de fotografías, debuxos, manuscritos, partituras e carteis, ordenados por tipo de documento e por data.
Axenda
Actualidade

Lorca 90: a obra literaria completa, en edición dixital
A asociación abre a súa andaina editorial cos sete volumes da obra de Federico García Lorca.

Un álbum para mirar a Lorca
Fotografías, debuxos, manuscritos e partituras reunidos nun só visor.
