Asociación Mestre Mateo
Noticia · 1 de outubro de 2026

Lorca 90: a obra literaria completa, en edición dixital

A asociación abre a súa andaina editorial cos sete volumes da obra de Federico García Lorca.

Noventa anos despois da morte de Federico García Lorca, a Asociación Cultural Mestre Mateo presenta a súa primeira publicación: a Obra literaria completa do poeta, en sete volumes dixitais.

A edición vai acompañada dun proxecto monográfico cunha cronoloxía e un álbum de imaxes.