Asociación Mestre Mateo
Música · Patrimonio

Coro Mestre Mateo

Un proxecto vocal profesional da Asociación Cultural Mestre Mateo que une música sacra, patrimonio e creación contemporánea.

Música · patrimonio · creación · Proxecto impulsado pola Asociación

Visita a web

O Coro Mestre Mateo é unha formación vocal profesional impulsada pola Asociación Cultural Mestre Mateo. Nace como unha das súas liñas estables de creación e difusión cultural, cunha atención especial á música sacra a cappella, á polifonía e á relación entre repertorio, arquitectura e memoria histórica.

Un coro ligado aos espazos

O proxecto concíbese para facer soar o repertorio sacro en igrexas, mosteiros, catedrais e outros espazos históricos. A arquitectura non funciona simplemente como escenario: forma parte da experiencia musical, da acústica e da lectura cultural de cada programa.

Os canteiros déronlles forma ás pedras. Nós devolvémoslles o seu canto.

Coro Mestre Mateo e o coro do Mestre Mateo

Coro Mestre Mateo

É a formación vocal profesional contemporánea promovida pola Asociación. O nome establece unha filiación simbólica co legado do Mestre Mateo, pero designa un proxecto musical actual.

O coro do Mestre Mateo

É o monumental coro pétreo medieval que o Mestre Mateo e os seus colaboradores ergueron na Catedral de Santiago. É unha referencia histórica e simbólica para o proxecto actual, non a mesma realidade.