Asociación Mestre Mateo
Noticia · 4 de outubro de 2026

Rosalía de Castro 190: a obra literaria completa

A Biblioteca Dixital Mestre Mateo publicará a obra literaria completa de Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 2027, día do seu nacemento.

A Asociación Cultural Mestre Mateo, a través da Biblioteca Dixital Mestre Mateo, prepara a edición dixital da obra literaria completa de Rosalía de Castro, con motivo do 190 aniversario do seu nacemento (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837). A publicación de toda a súa obra será o propio día do seu nacemento, o 24 de febreiro de 2027.

Despois da edición da obra literaria completa de Federico García Lorca, este é o segundo gran proxecto editorial da asociación: unha edición coidada, de acceso libre, que reúne a poesía e a prosa da autora de Cantares gallegos, Follas novas e En las orillas del Sar.

Ao longo dos próximos meses iremos presentando materiais, imaxes e textos arredor de Rosalía e da súa obra.