Ruta do patrimonio sacro de Galicia · A Costa da Morte e A Coruña
11Igrexa de Santa María de Muxía
Muxía · Galicia
Igrexa parroquial ao pé do camiño cara ao santuario da Barca, erguida sobre as rochas fronte ao mar. De orixe medieval e estilo románico de transición, presenta unha soa nave dividida por arcos apuntados e conserva, adosada ao norte, a capela gótica do Rosario, de finais do século XIV.
- Cronoloxía e estilo
- Séculos XII–XIV · Románico de transición e gótico · Igrexa parroquial
- Camiños e itinerarios
- CAMIÑO DE FISTERRA-MUXÍA
