Asociación Mestre Mateo
Monográfico · 1 de outubro de 2026

Lorca 90

1936–2026 · Memoria viva. Noventa anos despois do asasinato de Federico García Lorca, todo o que publicamos arredor da súa obra e da súa relación con Galicia.

Por que Lorca, desde Galicia

Lorca escribiu seis poemas en galego. Son poucos, pero abondan para que a súa obra pertenza tamén a esta lingua: publicounos a Editorial Nós en Santiago de Compostela en 1935, e desde entón forman parte da literatura galega. Este proxecto parte de aí.

A Biblioteca Dixital Mestre Mateo publicará a obra literaria completa de Federico García Lorca o 27 de decembro de 2026, o mesmo día en que se publicaron os Seis poemas galegos no ano 1935. Podes coñecer a edición no proxecto Federico García Lorca. Obra literaria completa.

Revista